10 de marzo: Día da Clase Obreira Galega

Lembramos todos os 10 de marzo os acontecementos do 1972 en Ferrol, lembramos a Amador Rey e Daniel Niebla, vítimas mortais da policía franquista mentras se manifestaban para defender os dereitos dos traballadores nos estaleiros públicos de Ferrol.

49 anos despois e nun momento no que Galicia camiña cara o deserto industrial co beneplácito das administracións, a comarca de Ferrolterra escenario de compromiso e conciencia obreira, berra polo dereito ao traballo porque mentras exista a precariedade, o empobrecemento da clase traballadora e a vulneración dos dereitos humanos temos a obriga de manter viva a loita e o compromiso das persoas que como Amador e Daniel non dubidaron en reivindicar.

Desde Esquerda Unida neste día da Clase Obreira Galega celebramos a unidade sindical como camiño cara reforzar a loita da clase obreira, e facemos un chamamento á participación nas mobilizacións convocadas para este 10 de marzo en Ferrol.

Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida, participará na mobilización convocada para mañá mércores 10 de marzo ás 12,00.

Relacionados