Contra a reforma laboral

 

Esquerda Unida chama á mobilización da cidadanía, e en concreto, anima á cidadanía lucense a participar na manifestación convocada polos sindicatos CCOO e UXT para o vindeiro domingo día 19, ás 12:30 horas.

Esquerda Unida participará con comitiva propia baixo o lema “Só a loita nos dará aquelo que nos rouban. Rebélate” onde participarán os seus dirixentes, militantes e simpatizantes.

 

É importante que manifestemos nas rúas a repulsa a unha contrerreforma que supón un golpe de estado aos derechos laborais dos trabajadores e traballadoras: entre oytras cousas, establece un novo contrato con período de proba de un ano, abarata e facilita o despido en xeral, desregula o tempo de traballo e debilita os convenios colectivos..

 

Esta nova contrarreforma laboral, vense a sumar ás anteriores contrareformas do 2010 e 2011, ao aumento da idade de xubilación e ao recente aumento das cotizacións das rendas do traballo. Medidas estas, que nun contexto de máis de 5.000.000 de persoas desempregadas, de máis de un millón de desempregados/as sen dereito a prestación e de milleiros de persoas que están perdendo a súa vivenda, soamente veñen a empeorar a xa precaria situación da clase traballadora.

 

Pola contra, ademáis de facilitarlle a libre disposición dos traballadores, a nova contrareforma laboral supón s para os empresarios novas deduccións ás cotas da seguridade social e rebaixas fiscais, coa excusa de incentivar a contratación. Medidas que co seu abuso contribúen a mermar a solvencia do INSS e a reducir os ingresos do estado. Precisamente os motivos polos que xustifican os recortes sociais.

Por todo isto, convencidos de que unha contundente mobilización social é o único xeito de facer recuar as agresións aos traballadores, dende Esquerda Unida apelamos á unidade da clase traballadora e dos sindicatos. Coa forza da unidade podemos parala.

Pódese xerar emprego, estable e de calidad. Izquierda Unida fixo numerosas propostas concretas para estimular a economía real. Estas medidas pódense financiar: combatindo o fraude fiscal e a economía sumerxida (hoxe un 23% da economía española) e cunha reforma fiscal que faga que paguen máis quen más teñen e gañan, especialmente a banca e as grandes empresas que son os principais responsables da crise.

 

Con máis paro e menos salarios non saliremos da crise.

Hai unha saída social da crise que xenere o empleo que se necesita.

¡Na defensa dos nosos dereitos, polo noso futuro, participa nas accións e mobilizacións que se convoquen!

 

MANIFESTACIÓN CONTRA

A REFORMA LABORAL

LUGO, DOMINGO 19 FEBREIRO

12:30 HORAS

SAÍDA: CASA SINDICAL

Relacionados