25S pola soberanía popular

en denuncia duns gobernos contrarios aos intereses dos seus pobos e somentes obedientes a impoñer unha axenda que esnaquize os dereitos económicos, sociais e culturais que restan vixentes no Estatuto e a Constitución.

Yolanda Díaz, Coordinadora Nacional de EU, vai participar na marcha para significar o apoio a esta loita social e para facer notar que semella urxente que a voz do pobo tinga todas as actuacións das e dos representantes populares. Non son tempos de silencio e resignación, pola contra urxe encher as rúas de razóns democráticas para construír unha alternativa emancipadora para a maioría social traballadora deste país.

A Coordinadora Nacional e candidata da Alternativa Galega de Esquerda vén de subliñar que “urxe que o pobo galego recupere a súa soberanía, hoxendía nas mans de gobernos ilexítimos como o de Feijóo, que aplican políticas e medidas que negaron na campaña electoral e que non levaban no seu porgrama electoral.”

Son tempos nos que se constrúen nas rúas os alicerces dun novo poder político e social, fundado en garantir as condicións de vida dignas e os dereitos democráticos respeito dos cales o capitalismo e as políticas neoliberais se atopan en franco antagonismo, sinala Yolanda Díaz.

Esquerda Unida esixe do goberno Feijóo que respecte os dereitos da nosa cidadanía a protestar nas rúas e deixe de producir discursos e prácticas de medo e orde, aquelas que restan nos vellos anaqueis da dereita franquista.

 

Relacionados