Un novo proceso constituínte

Esquerda Unida considera lamentable que os mesmos que celebran o día da contitución son aqueles que a vulneran a diario. Entre outros incumplimentos, amparar o artigo 135 da constitución é manifestar a complicidade e antepoñer os beneficios dos poderes económicos fronte aos dereitos das persoas, o dereito á vivenda, ao traballo, a educación pública,  Esquerda Unida non será cómplice da maquinaria exterminadora dos dereitos acadados coa loita dos traballadores e traballadoras.

A executiva nacional de Esquerda Unida manifesta a necesidade de iniciar un novo proceso constituínte que conte coa máxima implicación da maioría social traballadora. Un proceso  que consiga dotar de dereitos sociais e políticos efectivos á cidadanía e que desenvolva unha legalidade republicana, que confira ao pobo soberano a capacidade real de participar nas decisións que lle afectan directamente.

Relacionados