A censura da CRTVG

Santiago de Compostela, 30 maio de 2013.- Alternativa Galega de Esquerda (AGE) reclama un tratamento máis xusto e adecuado por parte da compañía Radio Televisión de Galicia (CRTVG) despois de que o propio director xeral, Alfonso Sánchez Izquierdo, recoñecese en comisión parlamentaria ao deputado, Juan Manuel Fajardo, que o seu grupo ten unha menor representación nos debates que se emiten nos medios de comunicación públicas galegos.

Por este motivo, e tendo en conta que Alternativa Galega de Esquerda é a terceira forza no Parlamento de Galicia, o deputado Juan Manuel Fajardo, esixiulle ao director da CRTVG que dea ao seu grupo parlamentario o tratamento que merece e que el mesmo recoñece non se está a facer.

 

Relacionados