A Coruña participativa

 

O que ven a significar que o 80% da cidadanía coruñesa comparte as propostas de Esquerda Unida en canto a participación cidadá. A nosa organización leva meses desenvolvendo propostas a prol de outorgar a veciñanza unha participación activa e real na confección dos orzamentos para o seu barrio.

 

O consello comarcal subliña que Esquerda Unida e a única forza que está a apostar decididamente pola participación cidadá tal e como está a demandar a veciñanza. Así EU desenvolveu dúas liñas mestras de actuacións, tanto no eido dos orzamentos participativos para que o investimento en infraestructuras nos barrios sexa definido pola veciñanza que é quen máis coñecemento práctico ten sobre as necesidades do seu propio barrio, como na participación no deseño do Plan Integral de Mobilidade Universal e Sostíbel (PIMUS).

 

As devanditas actuacións obrigarían a modificar o actual regulamento de participación cidadá, oxidado por falta de uso debido a nula vontade política do Goberno local de ceder poder de decisión a veciñanza, dotándoo de maior contido e consistencia para convertelo nunha autentica ferramenta de participación cidadá. Así, as Asembleas de barrio terían a potestade de asignar democraticamente orzamentos as distintas actuacións nos seus barrios, segundo uns orzamentos xerais destinados a participación cidadá que define o Pleno do concello e distribúense entre barrios segundo acorde o Consello de barrios formado por membros elixidos democraticamente en cada Consello de distrito.

 

César santiso, coordinador comarcal de EU, indicou que “os datos do estudo amosan que os coruñeses e coruñesas estamos fartos de que decidan por nos, con Esquerda Unida a participación cidadá será un feito tanxíbel, pois para nos a participación cidadá e os orzamentos participativos supoñen o eixo transversal das nosas propostas. Ao contrario do resto de forzas políticas, onde unhas aspiran a gobernar a cidadanía e outras a facelo para a cidadanía. Nos aspiramos a gobernar con a cidadanía”.

Relacionados