A estafa co dique flotante

cando resume meses e meses de pretendido traballo das comisións nunha fuxida cara adiante, botando fóra as súas responsabilidades e adiando calquera resolución  a o incerto futuro que poida decidir a ultraliberal troika europea.

Quizabes foi un tempo perdido o que vimos de pasar, con incumprimento dos prazos marcados polo propio goberno Rajoy,  e que non se aproveitou para facer as preguntas ou xestións acaídas que despexaran o futuro do dique flotante. Agora o PP busca perder un tempo precioso e pór en mans alleas ( e ultraliberais ) a resolución sobre o dique, de maneira que non teña que pór no orzamento  para 2013 o compromiso económico de construír o dique.

O Goberno do Estado ten que defender os intereses desta cidadanía  mediante a dotación orzamentaria do dique flotante no actual proxecto de orzamentos e para elo non necesita outra que votar a favor da emenda presentada por EU  – A ESQUERDA PLURAL  que destina cento vinte millóns de euros para poder construír o dique xa e estabelecer un investimento produtivo que vai render froitos nos próximos decenios. O plan industrial, a preparación do levantamento do veto ou o avanzo nos estudos da seguinte fragata son elementos que si evidenciarían a vontade de pular polo sector naval público, vontade que non ten o PP.

Detrás desta sucesión de incumprimentos e mentiras a táctica do PP: gañar un tempo para non dotar económicamente a construción do dique, ou o que é o mesmo, destruír as capacidades da industria pública dos estaleiros e o porvir da nosa cidadanía.

Relacionados