A Executiva Nacional de EU celebra a moción de censura presentada pola oposición ao goberno do PP en Mugardos

A Executiva Nacional de Esquerda Unida, reunida en Compostela, valorou moi positivamente o traballo levado a cabo polos partidos da oposición en Mugardos (EU-Os Verdes-SON, ICM e BNG-AA), que presentaron unha moción de censura ao goberno do Partido Popular coa esperanza de formar, no pleno extraordinario do día 12 de agosto, un goberno de esquerdas que defenda á maioría social.

Por iso, a Executiva Nacional de Esquerda Unida aplaude a moción de censura, un mecanismo democrático moi positivo para os intereses da maioría social e que permitirá traballar a partir de agora de forma conxunta, cooperativa e responsable.

 

Relacionados