A falta de planifiación no bulevar de Sanjurjo

 

Esquerda Unida considerase a devandita afirmación como falaz e populista, coa que Losada pretende sacar rédito electoral a consta de enganar á veciñanza. De todos é sabido o anuncio realizado fai uns días polo concelleiro de infraestructuras, Esteban Lareo, indicando que se duplicarán as zonas de carga e descarga na recente obra finalizada do bulevar de general Sanjurjo, asemade indicou que escoitarán as solicitudes dos veciños.

 

Esquerda Unida considera que o anuncio do concello de facer modificacións no bulevar de Sanjurjo para duplicar as zonas de carga e descarga denota unha alarmante falta de planificación. Aínda que para EU a medida é necesaria e saúda a decisión de escoitar a veciñanza e comerciantes, semella inaceptábel a actitude do Goberno coruñés quen primeiro actúa de costas a veciñanza para logo, debido a presión popular, recuar nas súas actuacións.

 

Xa que logo, o consello comarcal de EU Coruña denuncia que a incapacidade do Goberno local para escoitar a veciñanza e comerciantes, en tempo é hora, está a supoñer un considerábel sobrecusto para as arcas municipais.

 

O coordinador comarcal de EU César Santiso, subliña que si o concello desenvolvese auténticas políticas de participación cidadá, evitaríanse todo este tipo de eivas. Polo que expresou a necesidade de articular unha participación cidadá real na cidade coruñesa.

 

César Santiso, afirmou que “semella lóxico e xusto que a veciñanza participe na toma de decisións que afectan directamente ao seu barrio de residencia. Chegou o momento de avanzares cara a democracia participativa e a autoxestión dos barrios”. Por iso, Esquerda Unida comprométese a pular pola súa consecución como paso fundamental para cambiar o actual modelo político totalmente afastado da cidadanía.

 

Así Santiso explicou a proposta de Esquerda Unida no eido da participación cidadá e os orzamentos participativos para que os investimentos en infraestructuras nos barrios poidan ser elixidos pola veciñanza que é quen máis coñecemento práctico ten sobre as necesidades do seu propio barrio, así as Asembleas de barrio terían a potestade de asignar democraticamente orzamentos as distintas actuacións nos seus barrios, segundo uns orzamentos xerais destinados a participación cidadá que define o Pleno do concello e distribúense segundo acorde o Consello de barrios formado por membros elixidos democraticamente en cada Consello de distrito.

Relacionados