pintada-folga-xeral1.jpg - 59.52 Kb

A Folga Xeral é necesaria

 

Se nos poderá decir que é unha obriga sindical negociar sempre e ata onde sexa posible para evitar a perda de dereitos dos traballadores, e para non regalar o argumento fácil ao Gobeno e aos empresarios de que a ausencia  sindical nas mesas de negociacións impide despóis o dereito a criticar e opoñerse aos acordos que as outras partes adopten. Pero o certo é que esa disposición a levar ás mesas de negociación as reivindicacións e dereitos dos traballadores  cando menos pode decirse que non vái coa suficiente forza e determinación si se acepta “ralentizar” a movilizacvión obreira. Esa desmovilización, unida á despolitización da loita que as direccións de CC.OO.e UGT se empeñan en impoñer, nos colocan nunha situación de debilidade contra as políticas que temos que combatir, que denunciamos na exitosa Folga Xeral de Setembro,  e que centenares de miles continuamos rexeitando nas manifestacións do 18 de Decembro. Si se dan pasos atrás nas medidas de presión, si se  acepta a imposición do Goberno de non falar alto e claro a favor da Folga xeral, só se fortalece a confusión, a división e a desmoralización entre a clase traballadora.

 

A nosa militancia  forma parte activa  do movimento sindical en xeral e de CC.OO.en particular. Temos a nosa cuota de esforzo no éxito das accións de loita obreira. TEMOS O DEREITO E MESMO A OBRIGA de dar a nosa opinión e de chamar a que ésta sexa apoiada  pola afiliación no seo das organización sindicáis e polo conxunto da sociedade. EMPLAZAMOS as Direcións de CC.OO. e UGT  a  NON  ASINAR ACORDO ALGÚN QUE SIQUERA MÍNIMAMENTE IMPLIQUE UN PASO ATRÁS NOS DEREITOS LABORÁIS E SOCIÁIS DA CLASE OBREIRA. Antes ben, só podería asinarse aquel acordo QUE DE VERDADE IMPLIQUE MELLORAR OS NOSOS DEREITOS e non un simple “mal menor” sobre as medidas que  o Capital e o seu Goberno tentan impoñernos. Dentro e  entorno ás organizacións sindicáis CC.OO. e UGT  están hoxe organizados ou se movilizan a inmensa maioría dos/as asalariados/as do estado español. Non imos a marxinarnos desa inmensa forza que ben organizada e orientada é a única que, xunto con outras organizacións, pode plantar cara á ofensiva do Capital e pasar a respaldar a acción política de choque contra o seu poder e para esixir cambios profundos a favor do pobo. Por iso, sin caer  no desánimo imos a continuar  o noso traballo politico para aumentar a nosa influencia e o noso peso na toma de decisións, para non perder as posicións que temos avanzado dentro de CC.OO. e outras organizacións do movimento obreiro que aspiramos a dirixir. Pero NON  IMOS A OCULTAR AS NOSAS DISCREPANCIAS, que se manifestarán con maior intransixencia  na medida que as direccións sindicáis non se sitúen no camiño da loita que esixen o momento e a maioría da afiliación, e se empeñen en practicar  unha política de “concertación” que xá só significaría cobardía e sumisión.

 

Hoxe xá non chega que nos movilicemos por reivindicacións de tipo exclusivamente sindical. Temos  que amenazar o poder da clase enemiga, temos que erguer un frente político que teña o maior apoio posible para esixir un programa de revindicaciósn e reformas contra o capital e os seus instrumentos de poder: nacionalización da banca, expropiación do capital, nacionalización e control popular da industria e dos recursos enerxéticos e  naturáis, eliminación da supeditación da nosa economía á especulación dos grupos financieiros internacionáis, adicar todos os medios económicos e financieiros aos desenvolvimento inmediato da economía productiva e da creación de emprego….Apoiános, organízate con nós.

Relacionados