A Xunta premia ao xerente imputado da área sanitaria de Vigo, Félix Ruibal, co seu traslado para a área de Ourense. A coordinadora nacional de Esquerda Unida e deputada Eva Solla, considera que “Félix Ruibal debería ter dimitido hai tempo polos casos da Hepatite C” e do presunto delito de homicidio tras ter negado os medicamentos necesarios ás persoas enfermas.
Se ben é certo que a destrución da sanidade pública é unha prioridade para o goberno de Feijóo, de todas é coñecida a nefasta xestión que Félix Ruibal practicou na área sanitaria de Vigo, a escasa capacidade para o diálogo e para solventar as demandas dun persoal sanitario instalado na precariedade laboral, xunto coa incapacidade para xestionar a lista de agardas máis ampla de todo o Servizo Galego de Saúde, son unha evidencia na súa traxectoria.
Ante esta traxectoria profesional, vimos de coñecer que a Xunta de Galicia decide premiar a Félix Ruibal trasladando a súa incapacidade á xerencia da EOXI de Ourense. A consellería deberá dar explicacións sobre esta situación.