A privatización é corrupción

Esquerda Unida reune aos coordinadores de Lugo, Compostela e Coruña, cidades afectadas pola trama de corrupción posiblemente máis grande da historia de Galicia.


Yolanda Díaz coordinadora nacional de EU e vicevoceira de AGE, xunto co responsable de política institucional coordinadores de Esquerda Unida en Coruña (César Santiso), Lugo (Ramón Vázquez) e Compostela (Vicente Vázquez) ofreceron unha rolda de prensa na que se presentou o manifesto sobre o que xirará a campaña de Esquerda Unida en contra da corrupción, un chamamento pola REXENERACIÓN DEMOCRÁTICA.

Desafortunadamente, Galicia leva sufrindo demasiados anos as consecuencias dun caciquismo tradicional directamente relacionado co clientelismo e o tráfico de influencia

As numerosas operacións xudiciais que na actualidade están a destapar casos de corrupción están agravando extraordinariamente a alarma social e o descrédito da política. Evidencian a existencia dunha corrupción estructural que afecta a todos os eidos da vida económica, política e social do país. Existe a tentación interesada de cinguir a corrupción ao eido da política, abrindo paso ao populismo de dereitas. Pero non hai que esquecer que en toda trama corrupta existen corruptores e corruptos. Ninguén cobra se alguén non paga. Por elo hai que ser tan duro co corruptor como co corrupto.s. Unha realidade que garda relación directa coa pervivencia nas estruturas de poder dos sectores máis conservadores, algúns derivados do propio franquismo.

Os casos de corrupción que están afectando ás institucións públicas autonómicas, provinciais e locais, teñen tres orixes principais: a privatización de servizos, a especulación urbanística e a concesión arbitraria de subvencións públicas. E nos tres hai que destacar os intereses das grandes empresas concesionarias, dispostas a conseguir a calquera prezo o xugoso negocio dos servizos públicos, as licenzas de obras ou as subvencións.

Por todo iso Esquerda Unida:

  • · Esixe a dimisión de todos os imputados/as en tramas corruptas.
  • · Fai un chamamento a todos/as os/as demócratas a derrotar aos corruptos e as súas políticas e a toda a cidadanía a incorporarse á rebelión democrática, a mobilizarse, a participar activamente na rexeneración democrática coa súa acción e as súas propostas.

Relacionados