A XII Asemblea Nacional de Esquerda Unida reivindica a forza das ideas para os novos retos en Compostela

Esquerda Unida celebra hoxe en Compostela a súa XII Asemblea Nacional, co lema “A Forza das Ideas”, na que participan 250 delegadas e delegados e 50 convidadas/os entre os que están os movementos e organizacións sociais. Tamén contamos coa presenza de Alberto Garzón, coordinador Federal de Izquierda Unida, Eva Solla, candidata á coordinación de Esquerda Unida, Rubén Pérez, secretario de Organización de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, coordinadora nacional saínte de Esquerda Unida, Javier Couso, eurodiputado de Izquierda Unida no Parlamento Europeo ou Manuel Lago, deputado de En Marea no Parlamento de Galicia.

Na súa intervención, Yolanda Díaz destacou que “hoxe é un día de satisfación, de tranquilidade e de alegría. Esquerda Unida camiña soa, ten enormes retos para construír, non soamente un movemento popular, senón tamén para traballar por unha maioría social”.

Díaz destacou que “estamos facendo o que temos que facer e fomos casi adiantadas cando arrancamos no Teatro Principal de Vigo, en 2010, con esa chamada á unidade popular daquela, que foi arriscado, pero sen estes pasos hoxe non sería posible camiñar neste tempo político e facendo historia”.

Alberto Garzón, coordinador Federal de Izquierda Unida, recoñeceu que “Esquerda Unida soubo superar enormes dificultades e que foi capaz de construir con humildade espazos de confluencia e unidade que permitiron iluminar o cambio en moitas cidades, de momento e, esperemos que pronto, no resto do Estado”.

Segundo o coordinador Federal, “esta filosofía é a que intentamos trasladar no resto do Estado e a que imos manter con direccions renovadas e, para lograr esta transformación social do noso país, precisamos contar con moita máis xente, partidos e organizacións aliadas, aínda sabendo que sen Izquierda Unida ese cambio non vai ser posible, polo que reivindicamos a fortaleza da nosa organización e a adaptación a uns tempos onde é preciso unha esquerda organizada, con valor propositivo e en defensa da unidade popular”.

Garzón salientou que, un destes exemplos de unidade, é Esquerda Unida, “que nos iluminou o camiño no resto do Estado, un camiño que non é sinxelo, pero demostra que, cando estamos convencidas/os do que facemos, con perseverancia, acaba saíando ben. Entramos nun país corrompido polo PP e, ante iso, precisamos unha esquerda forte e, para tela, ten que contar coa nosa filosofía”.

Por último, Rubén Pérez, secretario de Organización de Esquerda Unida, sinala que “esta asemblea non é unha máis, é unha asemblea dunha organización moi madura en Galicia despois de anos de travesía no deserto, dunha organización con moita presenza política e institucional; e con futuro”. Rubén Pérez destacou o traballo xunto aos diferentes colectivos e organizacións levado a cabo neste tempo, e explicou que é de “gran importancia a presenza con máis dos vinte colectivos de todo tipo, organizacións sociais e comités de empresa que participarán á tarde nunha asemblea composta de delegadas/os, nova, aberta e democrática, no que calquera militante poida votar o documento político, un cambio moi positivo”, indicou.

HABERÁ AMPLIACIÓN AO LONGO DA TARDE.

Relacionados