Abandono do SERGAS

Esquerda unida denuncia que o Sergas leva meses obviando a unha persoa con cancro apesares do risco de metástases. O 25 de xaneiro de 2013 detectouse a Manuel nunha analítica valores altos de PSA, apesares que os ditos valores revelaban a posibilidade certa dun cancro de próstata non foi até seis meses despois cando tivo cita para o especialista, o urólogo o 7 de xuño ordenou unha biopsia, 20 días despois se diagnosticou un avanzado cancro de próstata pois tiña un grado 7 (rango é de 1 a 10).

O Sergas a día de hoxe aínda non actuou para evitar unha posible metástases, risco que foi confirmado por un urólogo privado ao que acudiu o paciente que xa comeza a ter molestias e dores e esta desesperado pola inacción do Servizo Galego de Saúde que leva 4 meses sen actuar dende que se confirmou o cancro en grado 7 e 10 meses dende que a analítica amosaba o dito cancro en potencia. Mais Manuel non pode costearse a intervención cun prezo aproximado duns 25.000 € nun hospital privado.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes afirma que este caso é unha clara demostración de que os recortes do PP en sanidade matan e se pregunta si o Sergas está a alargar tempos a espera da morte de Manuel para aforrase o custe da súa intervención. Dende EU esiximos que se atenda de inmediato a esta persoa e que o PP deixe de recortar en servizos básicos como a sanidade porque con estas políticas está a poñer en xogo a saúde da cidadanía, cunha perversa actuación na que semella se procura a erradicación dunha sanidade pública para que so os que teñan máis cartos podan optar en tempo e forma a intervencións custosas, porque este caso non se pode achacar a unha eiva administrativa xa que Manuel interpuxo unha reclamación fai dous meses na que se lle resposta cun escrito estandarizado que en ningún momento pretendía resolver o seu problema, como demostra o feito que aínda ninguén se puxeron en contacto con él para tan sequera darlle unha data estimativa.

César Santiso, indicou que “o PP minte máis que fala, mentiu Rajoy cando afirmaba que non subiría impostos nin recortaría en servizos básicos nin atacaría aos pensionistas, mentiu Feijoo cando dixo que remataría co desemprego galego en cuestión de días, minte Negreira cando nega os contratos a dedo, minte o Sergas afirmando que os enfermos de cancro son atendidos en menos dunha semana como aparecía en prensa o pasado 19 de outubro e se chegaba a dicir que a primeira consulta para o cancro de próstata era de 2,6 días cando no caso de Manuel foi de 4 meses.

Relacionados