Abandono nos parques e espacios verdes

 

A non substitución do persoal que desfruta das súas vacacións autorizadas polo concelleiro responsable, a non utilización da lista elaborada e aproba polo concello para situacións  de carga de traballo ou o retraso nas convocatorias de persoal aprobadas no cadro de persoal  o que está a provocar é o abandono que reflexan as fotos e un deterioro do desfrute e convivencia nos espacios públicos polos/as vecinos/as de Mugardos.

Demandamos polo tanto, e máis nunha situación de índices de paradas/os tan elevados como hai na actualidade no concello de Mugardos que se cubran as vacacións con persoal das listas de substitucións, que se utilicen as listas para o previsto, é dicir para situación temporais de carga de traballo e se axilicen os procesos de convocatorias de novo persoal.

Polo tanto, entendemos urxente a limpeza dos espacios verdes públicos e parques para a convivencia e o desfrute, e ó mesmo tempo entendemos que dada a escasez de persoal o concello ten que contratar con urxencia paradas/os do concello de Mugardos para revertir esta situación e paliar a grave situación de paro que estamos a vivir.

 

 

 

Relacionados