Actitude irresponsable do alcalde

A ver se desta vai: a cuestión do naval en Ferrol non é un problema que poida ser resolto mediante liortas internas no Partido Popular ou nos sectores da administración ligados ao Partido Popular. A actitude propia e esperable dun alcalde nas circunstancias actuais é a de ,precisamente, fuxir dese escenario ou doutros semellantes, e reconducir toda presión , do tipo que sexa, a unha única e exercida conxuntamente coas únicas forzas que están a dar unha batalla de verdade polo naval e pola cidade e a súa comarca: as forzas sindicais de clase que hoxe de novo e de maneira unitaria se concentraron ás portas do Parlamento de Galicia.U-lo señor Feijoo?

Por enésima vez o portavoz do grupo municipal Javier Galán volveu advertir ao Alcalde que actitudes como a de convocar hoxe un pleno e xunta de voceiros, limitar o acceso aos plenos ordinarios e facer prescindible o do xoves en canto a contidos etc non fan máis que adiar a chave da solución en canto a presión efectiva: que o Alcalde de Ferrol asuma dunha vez a reivindicación dos traballadores/as e da súa representación sindical. O mesmo podemos decir de desconvocar o pleno do xoves: “desconvocalo coa disculpa de que a corporación poida acudir ás medidas de presión convocadas e programar ao mesmo tempo unha viaxe á SEPI con toda a cobertura mediática posible é , de novo, alimentar un camiño cara ningures” afirma o portavoz do grupo municipal de Esquerda Unida.”Van a Madrid a pedir a dimisión da dirección da SEPI e de Navantia.Podían aforrar tan longo viaxe e vir con nós hoxe a Santiago a pedir a dimisión do irresponsable Feijoó por ter prometido floteis a esgallo en campaña electoral e andar agora agochado” continúa o voceiro Galán.

Agardemos que esta sexa a última reviravolta por parte do señor Rey Varela e a partir de agora faga o que ten que facer: presionar para que o señor Feijoo reciba á representación sindical, escoitar aos comités de empresa de Navantia e delegación de industrial auxiliares etc” engade Javier Galán.

Por parte de Esquerda Unida e o seu grupo municipal só nos queda reiterar que temos a convicción que só a loita e a presión conxunta dan froitos. Por insignificante que pareza calquera acción unitaria é máis efectiva que a maior das manobras de marketing.Unidade na loita sindical e corresponsabilidade na loita política é o que EU vai proseguir.

Ánimo e adiante coa loita.

Relacionados