Acto cultural en Ponteareas

O vindeiro venres, 19 de outubro de 2012 ás 20:00 terá lugar o acto de peche de campaña de Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA) en Ponteareas.


Para esta data organizamos un acto cultural no JJ-Copas no que contaremos coa asistencia de Xesús Alonso Montero, o cal, ademais de ensaísta, poeta, sociolinguísta e conferenciante, tamén é Catedrático de Literatura Galega e membro da Real Academia Galega e do Consello da Cultura Galega.

 

Despois de escoitar a tan relevante figura da cultura do noso país, disfrutaremos dunha estimulante tertulia.

Relacionados