Acto en Ponteareas

No día de onte, pasados 20 minutos das oito do serán, comezaba no Auditorio Municipal de Ponteareas o acto central de Alternativa Galega de Esquerda na vila.

Neste acto participaron Juan Fajardo, cabeza de lista de AGE ao Parlamento Galego pola provincia de Pontevedra e Concelleiro de EU en Vilagarcía de Arousa; Chelo Martínez, candidata en 2º lugar tamén de AGE ao Parlamento Galego; Lino Costas, candidato na mesma lista e Coordinador de ESQUERDA UNIDA en Ponteareas e Elías González, Responsable de Campaña de ANOVA no Condado.

Nas súas intervencións, os catro poñentes destacaron a necesidade da mobilización social conxuntamente coa entrada imprescindible da esquerda no Parlamento Galego. Baixo o lema “Hai que paralos!” os membros da coalición presentaron a alternativa ás políticas de recortes sociais do actual goberno do PP e suliñaron as contradiccións de Feijoo dende que está ao frente da Xunta de Galicia.

Tras estas intervencións efectuouse unha rolda de preguntas onde se aclararon dúbidas e se debatiron propostas dos cerca de cen asistentes ao acto.

 

Relacionados