Administración electrónica

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os verdes , que leva anos demandando a modernización do concello e a implantación da administración electrónica, alerta de que negreira non será quen de implantala durante o seu mandato. O goberno municipal afirmou que se trata dun paso moi importante para lograr unha xestión máis aberta e eficaz. Pero esqueceu indicar que esta actuación non responde a unha iniciativa propia do goberno municipal, senón que obedece é unha obriga normativa que o executivo Negreira leva anos incumprindo. O documento nace coa vocación de desterrar os papeis que se perden e as esperas interminables, aínda que a súa implantación será paulatina e non entrará en funcionamento axiña e a implantación pode levar preto de un ano.

Esquerda Unida denuncia que A Coruña sitúase á cola da provincia na implantación da administración electrónica. Dos 94 concellos da provincia 50 concellos dispoñen de sede electrónica propia estandarizada con procedementos comúns, unha ducia teñen sede electrónica propia independente, e unha véntena utilizan plataformas dixitais municipais que sen cumprir todos os requisitos das sedes electrónicas si que incorporan a meirande parte dos procedementos que permiten interactuar á veciñanza co concello a través da administación electrónica. Pola contra A Coruña, na era das smartcitys e sendo o concello con máis recursos, más empregados públicos e máis administrados da provincia non dispón de sede electrónica, nin plataformas dixitais de tratamento de expedientes administrativos apesares de recibir subvencións millonarias dende Europa.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou “semella inaudito que o goberno municipal presuma de ordenanza e sede electrónica, cando concellos da provincia con moitos menos recursos levan anos ofertando servizos de administración electrónica aos seus veciños, como por exemplo Mugardos que con tan so 5.500 veciños dispón de sede electrónica dende xullo de 2012”. En todo caso non é de estrañar o atraso dixital do concello coruñés, xa que estamos acostumados a ter que acudir a arquivos en papel para comprobar calquera dato e a ver milleiros de fotocopias pasear por todo o concello. Unhas veces por obstrucionismo a labor da oposición xa que temos un goberno da mais rancia escola antidemocrática, outras por incapacidade manifesta. A situación é similar a ter escribas na era dixital”.

Relacionados