Adopción de Daniel e Santiago

Non debemos olvidar así que a aprobación desta lei foi ameazada polo recurso no Tribunal Supremo do Partido Popular, nunha clara mostra de intencións de cara á redución dos dereitos das persoas LGTBI pola influencia en dita organización da Conferencia Episcopal e os sectores de ultradereita.

Así, foi en medio de dito recurso cando Santiago Vázquez e Daniel Baamonde, unha parella de Compostela, comezou os preparativos e procesos para levar a cabo unha adopción, cando se lles denegou a idoneidade.

Ambos, tras esta resolución, decidiron acudir á xustiza, posto que, segundo eles, ademais de mala praxe e mal procedemento, existe unha razón de homofobia detrás de dito veredito. A Xunta, sen embargo, alega non ter discriminado a ninguén pola súa orientación sexual e simplemente atinxirse aos procedementos estándar. É así como, nos documentos facilitados pola administración para explicar a non ideoneidade de dita parella, aparecen expresións e afirmacións de dubidoso significado como cando se fala de “estruturas familiares menos habituais” ou que non é o mesmo medrar nunha familia ca noutra.

Dende a Área de Liberdade de Expresión Afectivo-Sexual de Esquerda Unida, na súa firme loita contra a discriminación ao colectivo LGTBI e como forma cautelar, presentará unha serie de preguntas no Parlamento a través da deputada de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) Eva Solla, intentando así esclarecer se a Xunta de Galicia está a discriminar ás parellas homoparentais, tal como a mesma afirma.

Ademais, esiximos explicacións á Xunta polo mal procedemento levado a cabo durante a concesión de idoneidade a Santiago e a Daniel, xa que non se pode permitir que dende a adminstración se leve a cabo un proceso tan delicado como é a concesión da idoneidade a unha parella no que se cometan tantos erros por mala praxe e, aínda por riba, extravío de papeis, poñendo entre dito a rigurosidade da Consellería de Traballo e Benestar.

Por último, en canto ao procedemento xudicial posto en marcha por esta parella, será a xustiza, en última instancia, a que intente aclarar o acontecido, mais dende ALEAS-EU pedimos que o proceso non se ralentice moito máis no tempo, dado o erro que suporía a prescripción do suceso e o custo persoal e saudábel que todo isto está a supor para a parella.

 

Máis info. en: aleas@esquerdaunida.org www.aleaseu.org

Relacionados