Albada búrlase de Negreira

Esquerda Unida denuncia que Albada se burla do Goberno municipal coa súa negativa ao arbitraxe. O alcalde Negreira solicitou á empresa e traballadores que se sometesen a arbitraxe meses atrás, agora diante da negativa da empresa non pode mirar cara outro lado, a petición de arbitraxe voluntario foi unha das poucas achegas dos populares para solucionar o conflito e agora a concesionaria, que incumpre o contrato, rexeita a proposta obviando as suxestións do goberno local.

Diante desta situación, o voceiro de EU-V, César Santiso, indicou “queda claro quén manda na relación Negreira-Florentino Pérez, a inacción do goberno local amosa como o PP se dobrega diante da multinacional ACS”. O Goberno local ten a obriga de actuar ante un presunto fraude e a continuada estafa social do reciclaxe do lixo polo que debe intervir para salvagardar os intereses da cidade por moitas doazóns que a multinacional faga ao PP galego.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes esixe ao Goberno municipal que interveña para que Albada acepte a arbitraxe. Chegou o momento de defender activamente a arbitraxe ante a empresa para favorecer o acordo, unha vez que o comité de empresa deu o paso, nun novo exercicio de responsabilidade, presentando a solicitude para iniciar o procedemento de arbitraxe e acordar un novo convenio colectivo, debido ao fracaso da mediación. Con todo o goberno municipal permanece pasmado diante dunha folga de máis de tres meses e a continuada estafa social de Albada.

Resulta intolerable que o PP levase como unha das súas principais promesas electorais a intervención para desactivar “a bomba de reloxería” de Albada e no goberno non mova un dedo para procurar outorgarlle ao concello un servizo de calidade cun alto grado de reciclaxe a un prezo xusto.

Relacionados