Albergue xuvenil

 

Primeiro vulnerou o compromiso adquirido a principios da lexislatura ao aprobar a ordenanza para regular a convivencia e o ocio no espazo público, popularmente coñecida como “lei antibotellón”, despois, fai tan só unha semana, aplica o recorte ao Noroeste Pop-Rock, e agora ven de retrasar o proxecto de construción do albergue xuvenil.

 

A Conselleira de Mocidade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña, Ermitas Valencia, anunciara o pasado mes de febreiro a súa intención de comezar cos trámites para construír un albergue xuvenil na cidade de inmediato e contando con fondos estatais, pero agora o Concello decidiu retrasar este proxecto sen data concreta posto que non o considera unha actuación prioritaria.

 

Esquerda Unida considera que a devandita actuación do Consello coruñés responde á desidia e total desprezo sobre as inquietudes e necesidades da mocidade coruñesa, a que lle está a facer pagar as consecuencias da crise con continuos recortes. Recortes ademais inexplicables, xa que logo, a Unión Europea destina fondos a este tipo de aloxamentos.

  

Dende EU consideramos que a construcción deste albergue si é unha prioridade máis tendo en conta que A Coruña e unha das poucas cidades universitarias que non conta cunha residencia estudantil dentro do entorno do campus, polo que este albergue sería unha grande axuda para os estudantes que non residen na cidade mentres buscan piso, e que na nosa provincia (unha provincia que conta coas cidades de A Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol) só existen dúas instalacións deste tipo, unha situada en Gandarío (Bergondo) e outra no Monte do Gozo (Compostela).

 

Doutra banda a proposta da Conselleira Ermitas Valencia xa tiña sufrido diversos cambios cos que non podemos estar de acordo: a zona elixida para a súa construcción era o barrio de Matogrande, onde a presencia xuvenil é escasa, por outra banda a propia Concellería anunciara que ía “ampliar” a oferta desta infraestructura de xeito que na práctica acabará funcionando como un hostal e non como un albergue xuvenil.

 

Dende Esquerda Unida entendemos que na cidade da Coruña é necesario un albergue xuvenil que funcione como tal, que se sitúe nunha zona céntrica da cidade e que veña a paliar a escasez de infraestructuras coas que conta a nosa mocidade desta cidade.

 

Por todo elo, o consello comarcal de eu chama a xuventude coruñesa a mobilizarse na procura de que o concello abandone a súa actitude desprezativa cara aos mozos e mozas coruñeses

 

Relacionados