Negativa da UE ao dique flotante

A coordinadora nacional de EU e vicevoceira de AGE Yolanda Díaz considera que “a UE apúntase á estratexia de acurralamento do sector naval público que xa esgrimíu o goberno de Feijoó ao rexeitar fai uns meses unha moción defendida por AGE, dirixida a financiar a construción dun dique flotante en Ferrol”.

Para a executiva nacional de Esquerda Unida, o modelo de construcción europea consagrado en Masstricht condena a Ferrolterra á miseria. Non só asistimos a unha oposición ao dique flotante, unha infraestrutura fundamental para a construción naval e para o que AGE exisixa xa outra vez 20 millóns de euros do Orzamento de 2014, senón que néganse a deseñar un futuro para Navantia a partir de 2015” continúa Yolanda Díaz

ESQUERDA UNIDA sigue reclamando carga de traballo para os estaleiros, investimentos produtivos, un plan estratéxico do naval, un escenario seguro para as bonificacións fiscais do tax lease e as actuacións precisas para que desapareza o veto á construción civil en Navantia-Fene.

 

 

Relacionados