Aparcadoiros disuasorios

 

A locura inaguradora das humanizacións fixo que estas se fixeran sen ningún criterio demográfico das zonas ou de densidade de tráfico rodado polo que as saturacións de tráfico no centro vanse volver críticas nos vindeiros meses de inverno.

 

Para o coordenador local de ESQUERDA UNIDA en Vigo e candidato á alcaldía de Vigo Rubén Pérez asistimos na práctica a unha privatización do núcleo urbano da cidade o quedar o espacio público de aparcamento en mans privadas no subsuelo. Unha cidade que tamén está secuestrada por unha concesinaria de transporte público VITRASA que abusa do precio do billete e non ofrece alternativas viables ó transporte privado, sobre todo no rural.

 

Rubén Pérez sinala que para a maioria dos vigueses e viguesas a alternativa de parkings privados é notablemente inxusta xa que o elevado custe está supondo para a cidadanía viguesa un problema. ESQUERDA UNIDA se pregunta como nunha cidade con miles de desempregados e pensionistas que cobran a pensión non contributiva ¿cómo un parado ou un pensionista pode deixar o seu vehículo 4 horas nun parking sin que supoña un custe brutal sobre os seus ingresos?

 

ESQUERDA UNIDA considera que Vitrasa tería que ser obrigada a servir este servicio gratuito entre aparcadoiros gratuitos en base o inxente beneficio do precio do billete (dos maiores de España) e as contínuas subvencións do concello que recibiu estos anos para dar un servicio que na realidade non está chegando á cidadanía.

 

ESQUERDA UNIDA pide que o concello comece o traballo e estudo para a consecución de espacios geográficos donde ubicar estos aparcadoiros disuasorios, alternativa que xa funciona en cidades como Bilbao dende fai anos e que evitan que miles de coches entren nos centros urbanos cada día.

Relacionados