Apoio a ANPA Bouza Brey

 

 

Esquerda Unida fai un chamamento a todos os veciños e veciñas de Ponteareas a que participen en dita mobilización do vindeiro venres as 20 h que sairá dende o Concello ata as inmediacións do Fermín Bouza Brey.

 

Esquerda Unida quere deixar claro o seu total apoio as revindicacions da comunidade educativa, entendemos que o novo colexio xa debería estar feito, xa que tanto o PP,PSOE,UCPA e BNG son coñecedores do gran problema de abandono e masificación que os centros de Ponteareas  veñen sufrindo xa que todos estiveron no goberno Pontarean.

 

Para Esquerda Unida é a lóxica normal destes partidos que defenden o Capital, en detrimento dos servizos públicos de calidade, unha corporación que esta pringada co pelotazo urbanístico do barral, un feito que a xustiza terá que depurar.

 

Esquerda Unida aplica a súa coherencia que dende o 2007 levouno no seu programa electoral, o do novo colexio de infantil e primaria (NOVO CEIP) e da mesma forma que dende o  2003 xa revindicava por aquel entón un novo instituto, e tamén un novo centro de Formación Profesional (FP).

 

Agora unha vez mais vai ser a mobilización dos  pais e nais as que dicten as normas a uns políticos da corporación cuxo pensamento este outra vez en como volver a facer negocio cos futuros terreos.

 

Esquerda Unida recórdalle o PP que agora non hai escusas posibles xa que tanto o goberno municipal, a deputación e a Xunta son do mesmo cor, e agora non vale dicir que non hai cartos nin terreos.

Relacionados