Apoio á folga do ensino

para alcanzar unha diagnose compartida sobre as causas dos principias problemas do noso sistema educativo e expor medidas concretas con recursos suficientes para que sirvan para estender e mellorar a nosa educación pública.

O vindeiro 9 de maio EU fai un chamamento a toda a cidadanía a participar en todas as manifestacións convocadas. Ao mesmo tempo, en liña coa vontade de artellar frontes contra o sistema de dilapidación de servizos públicos, EU pula pola unidade sindical e a unidade de loita contra un inimigo común, que é o sistema neoliberal que abandeira o Partido Popular, verdadeiro esnaquizador dos dereitos sociais do pobo. EU lamenta a existencia de dúas convocatorias diferenciadas e insta ás organizacións sindicais para que cheguen a acordos que permitan unha loita decidida e unitaria contra a demolición da democracia.

Fronte á reforma do Ministro Wert, imposta e antidemocrática, adoutrinadora e discriminatoria, mercantilista e recentralizadora, EU aposta por unha educación libre, laica, pública, de calidade e con recursos, que respecte e motive ao profesorado e que permita o exercicio do dereito a igualdade na educación, tanto dos docentes como do alumnado. EU Ferrolterra estará, como sempre estivo, nas mobilizacións cidadás contra unha lei ditada ao servizo de intereses privados, relixiosos e de mercado.

 

Relacionados