Apoio mobilización antitaurina

 

Esquerda Unida considera que o goberno municipal está a enganar á veciñanza ao afirmar que non hai subvención ás touradas, cando en realidade o Concello está a utilizar un subterfuxio para seguir apoiando un acto cruel cos animais, a través de subvencións encubertas apesares de que en repetidas ocasións o goberno do PP negou de xeito público ningún tipo de subvención.

 

César Santiso, indicou que “semella un insulto a intelixencia dos coruñeses utilizar a triquiñuela da feira ecuestre para xustificar o acondicionamento do Coliseum para corridas de toros a conta das arcas públicas cando A Coruña as rexeita maioritariamente”. Así o IMCE instalará e engalanará a praza e o patio de cabalos, calexo, recheo de area, burladeiros, etc. con cartos dos coruñeses e coruñesas.  Argumento falaz que cae baixo o seu propio peso ao comprobar que a feira taurina celébrase antes da equina.

 

Santiso finalizou indicando que semella vergoñento que o PP utilice o mantra da austeridade como única baza política e se permita o luxo de dilapidar cartos e recursos públicos en fomentar un acto cruel cos animais, xa que logo, o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes chama a cidadanía coruñesa a mostrar o rexeitamento ás touradas, participando na concentración antitaurina do sábado 4 en María Pita ás 19:00 h.

 

Posteriormente tomou a palabra Rubén Pérez quen indicou que dende o primeiro ano de cambio de goberno a oposición ás touradas seguen crecendo e a actitude do goberno municipal é algo estraña. Critican por unha banda as subvencións que daban os gobernos anteriores mentres este ano fan un novo convenio de explotación da feira taurina que inclúe a adaptación e obras no Coliseum de forma gratuíta, é dicir os 35.000 € que custan as obras, máis outros 50.000 € en taxas municipais que non se lle van a cobrar ao empresario taurino, a cesión de forma gratuíta, como o despacho de billetes público da praza de Ourense para a venda de entradas para a feira taurina e ceder o aparcadoiro privado do Coliseum para que os vehículos publicitarios da feira taurina, que están denunciados, por un presunto incumprimento das normas de circulación, non poden aparcar alí… a cesión da banda municipal de música que durante tres días, a ritmo de paso dobre, estará na feira taurina, mentres non estará nas festas de los barrios, que podería ser moi necesario. Todo isto, calculamos que poderá ter un custo de 90.000 €, sen contar co desmonte da praza de touros, area, madeiras, etc…

 

Desde Galicia Mellor sen Touradas recibimos con moita magoa o desprezo do goberno municipal en relación coas iniciativas que presentamos nos últimos plenos, a través dos grupos da oposición que nos apoian. Alí os concelleiros do PP rexeitaron calquera debate serio sobre as touradas.

 

Para a concentración do vindeiro sábado temos o apoio de Esquerda Unida – Os Verdes e de moitos máis colectivos, case unha trintena xa se adheriron: colectivos ambientais, de protección animal, asociacións culturais… que comprenden que as touradas non poden ter lugar na nosa cidade.

 

Relacionados