Apoio mobilizacións ANPAS

 

 

Para González Lago o Goberno do PP comete un novo erro, o despilfarrar cartos públicos nunha nova inauguración, sen que se saiba o custo total do evento, EU pídelle o PP que pague as súas deudas con moitos veciños e empresas.

 

EU califica como provocación que namentres nos centros públicos de ensino as Anpas teñen que xestionar e reivindicar as melloras dos centros onde estudian os seus fillos,  os do PP se dediquen a facerlle crer os Pontareans que unha estatua e necesaria.

 

Unha vez mais a política caciquil do PP sitúase coa confrontación coa comunidade educativa.

 

EU logo das reunións mantidas coas Anpas reivindica un novo CEIP e “non daremos nin un paso atrás nas nosas revindicacions”.

 

O Coordinador de EU Ponteareas, aconsella o PP que vexa o ultimo informe do Paro, onde extraera que novamente as mulleres volven ser as peores paradas con esta profunda crise económica, laboral e social, cun total de 1456 mulleres no paro.

 

EU recórdalle o PP que a construcción dun novo CEIP suporía para Ponteareas a creación novos postos de traballo.

 

Queda claro que a única alternativa é a de Esquerda Unida, ante a política populista do PP.

Relacionados