Apoio mobilizacións defensa Sanidade

A executiva nacional de Esquerda Unida manifesta o apoio ás mobilizacións convocadas por todo o territorio en defensa dunha sanidade pública, gratuíta e universal. Os repagos farmacéuticos, a derivación de pacientes a centros privados, o desmantelamento deste dereito no rural, os recortes en recursos humanos e materiais… son un claro exemplo da vontade de aniquilar a nosa sanidade pública.

Yolanda Díaz, vicevoceira de AGE e coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicevoceira de AGE, asistirá xunto cos deputados/a Eva Solla, Ramón Vázquez, Xabier Ron e Juan Fajardo, ás mobilizacións convocadas para mañán na Coruña, Vigo, Lugo, Compostela e Pontevedra respectivamente.

Relacionados