de carne e oso con nomes e apelidos protagonistas da mesma película da que son outras escenas as da fraude masiva, os paraísos fiscais e a corrupción. Desemprego e desafiuzamentos son caras da mesma moeda, expresión da violencia social que se exerce contra unha maioría que , agora, se revela ante o capital como sobrante. Literalmente, sobramos a xente traballadora;pretenden seguir a facer facer negocios despois de declararnos sobrantes, prescindibles ou o que é o mesmo: procesión de caladiños que en silencio sofren e calan unha situación de desamparo e precariedade da que ninguén é responsable por que as cousas suceden así como caídas do ceo… Supoñemos que é diso do que falaran no funeral de Margaret Thatcher onde acudiran todos.
Mentres tanto, aquí non queda outra: a loita debe continuar en Eymosa en Tecnymo ou en Navantia; a resposta aos contínuos axustes de plantilla, aos recortes en salarios ou dereitos e contra toda forma de represión sindical debe ser a mobilización. Esquerda Unida sumarase a toda mobilización sindical convocada en defensa da clase traballadora, ademais de despregar toda a actividade política necesaria nas institucións, a fin de que os diferentes gobernos da dereita comecen a protexer aos/ás traballadores/as decididamente, no canto de dedicar os seus esforzos políticos e mediáticos a agochar os diferentes casos de corrupción que están a revelar a verdadeira faciana desta caste política obsoleta, caciquil e ao servizo da patronal máis recalcitrante.
O consello comarcal de Esquerda Unida quere manifestar o seu apoio ao persoal de Elaborados y Montajes SA (Eymosa) mobilizados contra o despedimento de 34 compañeiros, enésimo axuste de persoal na comarca e que no caso particular desta empresa auxiliar de Navantia se suma aos 200 xa despedidos con anterioridade.







