Apoio traballadores de Albada

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes apoia aos traballadores de Albada e reitera a súa esixencia ao goberno local para que actúe na procura dunha solución xusta ao conflito, xa que o ERTE que pretende aplicar a empresa é fraudulento. O goberno local non pode permanecer impasible ante un ataque directo aos dereitos dos Traballadores.

Por outra banda, cómpre lembrar que cando o PP chegou ao goberno local, a planta padecía unha morea de deficiencias que o propio Partido Popular encargábase de anunciar para obter rédito político, agora dous anos despois, semella que todo está arranxado. O curioso é que arranxouse maxicamente pois o goberno municipal non fixo absolutamente nada para resolver as eivas da planta de tratamentos de residuos sólidos.

Esquerda Unida denuncia que o goberno municipal nin achega as auditorías á oposición, nin permite visitar a planta de reciclaxe, semella pouco oportuna a negativa do goberno local a visitar as instalacións da Planta de Nostián até que finalice a folga, dado que deste xeito poderíase comprobar se, como comentaba no seu momento o PP, o 70% do lixo segue a soterrarse.

Neste sentido, O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “o PP enganou deliberadamente á cidadanía, ben cando estaba na oposición cando afirmaba que non se reciclaba, ben agora no goberno cando asegura falazmente que rescatar a concesión custa cartos ao Concello, cando todos sabemos que a empresa tiña a obriga de reciclar o 70% do lixo e non o está a facer, polo que se pode rescindir a concesión sen custe por claro incumprimento de contrato, tal e como estou seguro que indican as auditorías, motivo polo que nos denegan o acceso a elas.

Basta lembrar citas do PP cando estaba na oposición, como:

“Pido a Javier Losada que no oculte durante más tiempo a los coruñeses las explicaciones de la situación real de Nostián, ante las continuas anomalías que rodean a esta planta de tratamiento de residuos urbanos… Reclamo una auditoría ambiental que descubra la verdad a los ciudadanos y desactive esta bomba.”

Relacionados