Aprobación CPN

O Consello Político Nacional de Esquerda Unida refrenda o acordo con Anova cunha amplísima maioría e elabora as normas e contidos para levar o referendo ás bases. O adianto da convocatoria electoral de Feijóo acelerou o proceso de xuntanzas entre as organizacións con intención de confluír cara unha alternativa real e de esquerdas. Así onte, reunido o Consello Político Nacional de Esquerda Unida, aprobáronse as bases e normas do proceso ao que está chamada a militancia desta organización.

O acordo acadado onte contou con todos os votos a favor menos un en contra.

Esquerda Unida nunha auténtica demostración de democracia interna celebrará o día 13 o referendo da coalición técnica de EU-Anova. As bases de Esquerda Unida terán a última palabra en canto ao proceso de coalición no que Esquerda Unida está a participar. A necesidade de artellar unha ferramenta capaz de rematar con esta etapa de imposición e recortes de dereitos é inminente. Mudar o xeito de facer as cousas é tan posible coma necesario e cuestión de vontade política.

A coalición baseará o seu programa electoral nas demandas da maioría social, na defensa das familias traballadoras e no fomento da participación cidadá. Os tempos nos que a supresión de dereitos se converte nun día a día Esquerda Unida pula polo consenso da esquerda como única maneira de derrotar ás políticas antisociais que están a rematar co estado de benestar.

 

Relacionados