Asasinato machista #QuerémonosVivas

Unha vez máis o machismo faise cunha vítima, na Coruña, que engrosa a longa listaxe de asasinatos, desta vez o dunha muller, a sogra do asasino, que se atopaba na casa coidando á súa neta de 21 meses que posteriormente foi secuestrada por este . Dende Esquerda Unida condenamos este asasinato así como a falta de políticas reais e as insuficientes respostas institucionais para combater esta lacra que está acabando coa vida das mulleres e tamén das cativas e cativos vítimas dun sistema patriarcal que debemos erradicar.

Dende Esquerda Unida trasladamos o noso apoio e solidariedade á familia e persoas achegadas da vítima, e facemos un chamamento á participación nas concentracións convocadas por todo o país contra a violencia machista para este mércores 23 de agosto ás 20h.

 

As concentracións previstas, segundo os colectivos feministas serán:

A Coruña (Obelisco)

Vigo (Marco)

Ferrol (concello)

Compostela (praza 8 marzo)

Ourense  (castañeira)

Lugo (concello)

Pontevedra (audiencia provincial)

Bertamiráns (praza da Maía)

Marín (concello)

 

 

Relacionados