Asasinato machista

A responsable da secretaría de igualdade de Esquerda Unida, María Rozas, manifesta que “reclamamos que dende os poderes públicos se loite contra esta lacra social que está a presentar unha alarmante escalada.  Nas medidas e instrumentos que procuran a igualdade real son inadmisibles os recortes que o Partido Popular impón”. A tesoira orzamentaria en políticas de igualdade provoca, entre outras cuestións, a diminución de apoios ás mulleres e crianzas vítimas de violencia machista.

Dende a executiva nacional de Esquerda Unida manifestamos a nosa solidariedade coa familia e amizades da muller asasinada hoxe na Coruña e animamos ao conxunto da sociedade a participar nas mobilizacións convocadas en repulsa a este novo caso de violencia machista.

Relacionados