Asignación aos grupos municipais

que “porá a disposición do Pleno da Corporación sempre que este o solicite.” Polo tanto se o Pleno non o solicita desconócese esta contabilidade públicamente.

Sería bo que a cidadanía coñecera esta para evitar a sospeita contínua que a cidadanía expresa sobre estes recursos públicos e que lamentablemente se viu confirmada no caso do grupo municipal socialista do Concello de Ourense.

Considera que o Concello debe garantir que con estes recursos “non se está a pagar outro tipo de cousas que non señan as estrictamente recoñecidas pola lei” evitando que dita cantidade seña destinada ao pagamento de remuneracións de persoal, á adquisición de bens que constitúan activos fixos patrimoniais, ou mesmo a actividade orgánica interna dos partidos.

EU lembra que entre a constitución dos grupos en 2007 e a de 2011 esta asignación elevouse case un 10% no caso do PSOE, dun 2% no caso do BNG e diminuíu un 8% no caso do PP Por decisión propia neste caso do propio partido. Considera que este montante, unido ás retribucións do alcalde e dos concelleiros  (Alcalde 65.220,01 €, adicación exclusiva 56.141,23 €, adicación parcial de 26 horas 38.761,20 €, adicación parcial de 19 horas 28.070,62 €, adicación parcial de 9 horas 13.648,65 € suma un importe o suficientemente considerable para que sexa desglosado ao miúdo na web do concello como forma de transparencia e a fin de evitar suspicacias ante o exemplo nefasto que estamos a sufrir no Concello de Ourense.

EU non entende como nun contexto de crise brutal en 2011 e atendendo ao previsible recorte de recursos económicos e públicos os grupos non fixeron un esforzo de “austeridade” real, a do PP, solicitando unha rebaixa do 30% foi puramente publicitaria fronte a unha realidade de mantemento innecesario das adicacións exclusivas e parciais.

Na actualidade o PP recibe 39.150 euros, o PSOE 36.050 e o BNG 23.650 por acordo plenario sen que dende 2007 se solicitara publicamente a contabilidade destas partidas en pleno.

 

Relacionados