Atenasa e Infinita Renovables

manifesta a súa solidariedade coa loita e reivindicacións que están a manter os traballadores de Atenasa así como rexeita, como non podía ser menos, os plans de futuro para Infinita Renovables. As consecuencias combinadas de reforma laboral e apertura aos fondos de inversión, é dicir, de réptiles, están á vista.

En Atenasa aplicación unilateral de novas condicións laborais e a pretensión de contribuír ao aumento da taxa de ganancia e ao aceleramento da acumulación de capital mediante a nova enxeñería laboral recentemente aprobada. Por parte dos novos donos de Infinita converterse en máis competitivos internacionalmente devaluando salarios e axustando plantillas. É dicir, a ladaíña de sempre. Máis desemprego,máis fame, máis vivenda sen poder pagar, máis dependencia, máis humillación.

O grupo municipal de Esquerda unida quere manifestar a súa simpatía polo anuncio dunha nova mobilización a escala comarcal. O de Atenasa e o de Infinita non teñen solución por si mesmas: hai que facer confluír a súas loitas, lexítimas en canto loitas de empresas, coa situación xeral de podremia na que está a ser sumida a comarca de Ferrolterra que novamente ten que ser convocada para ,masivamente, soster de maneira continuada o reclamo de solucións e de decisións políticas que sosteñan esas solucións.

 

Relacionados