Atrasos palco das Ánimas

 

Esquerda Unida quere lembrar que a  redacción  do proxecto do Palco das Ánimas adxudicouse o 19 de decembro de 2008 e tiña como prazo de execución 4 meses.

 

A realidade dos tempos exasperantes deste Goberno nos leva a que 9 meses  após do prazo fixado para ter o proxecto nada da obra se realizou, deixando morrer estes meses sen xustificación algunha.

 

A nosa organización considera que a labor do Goberno Municipal ten que ser moi coidadosa cos tempos para a realización das obras, accións que supoñen unha mellora certa na calidade do entorno urbano dos barrios onde vivimos as e os ferroláns.

 

Xa que logo, Esquerda Unida  demanda celeridade e bo facer para executar obras necesarias da cidade ao Goberno Municipal.

Relacionados