baixada embarcacif3ns club do mar 3 13 xaneiro 11 copiar.gif - 24.15 Kb

Baixada de embarcacións do Club do Mar

 

1.- A gran cantidade de lixo que se acumula nas escaleiras e na praia ata chegar ó mar cando a marea non está alta. Supoñendo un risco importante polo cantidade de cristais,bombillas,etc. acumulados.

2.- O perigo que supón baixar unhas escaleiras coa embarcación.

3.- A estreitez da propia escaleira que non deixa marxe para embarcacións diferentes ó batel ou embarcacións lixeiras de banco móbil.

4.- A maraña de cabos que teñen que superar os/as remeiras/os ata botar a embarcación ó mar, o que dificulta a tarefa co perigo de caídas.

Por eso demandamos do goberno municipal que aínda non sendo da súa competencia que adique certa atención a limpar a zona das escaleiras para evitar males maiores, así mesmo que inicie con Portos de Galicia as xestións oportunas para que as escaleiras se convirtan nunha rampa, se amplie a anchura da baixada e se propoña unha restricción para as embarcacións de tal xeito que non podan situarse entre a rampa e o mar.

Estas medidas entendemos que facilitarían a baixada de tódalas  embarcacións e daría máis seguridade as/os remeiros/as facilitando así a práctica do seu deporte.

 

Relacionados