Bloqueo institucional

Esquerda Unida denuncia o bloqueo institucional que o goberno municipal está a someter á oposición. O PP está a obstaculizar a labor de control e intervención propia que teñen que desenvolver os grupos da oposición. Moitas son as eivas neste sentido, entre outras moitas citamos as seguintes como por exemplo:

– Que se entregue a información en papel, as veces centos de folios, para fotocopiar procedente das xuntas de goberno ou relativa para a preparación dos asuntos a ditaminar polas comisións informativas previas ao pleno, cando esta información debería achegarse en formato dixital xa que o Concello dispón da devandita información na intranet municipal. Polo que si se obriga a fotocopiar é única y exclusivamente para obstaculizar a labor da oposición.

– Denegación de acceso a información con argumentos peregrinos nos que se lle da a vota a normativa como por exemplo nos casos de acceso ás auditorías de Nostian ou a listaxe de concesionarias morosas que o PP denegou.

– Denegación de copias de expedientes e outra información amparándose en que a lei so obriga ao acceso a información, polo que so se permite aos concelleiros visualizar a devandita información sen posibilidade de facer copias o que impide un estudo profundo dos documentos.

– En ocasións a información chega antes aos medios de comunicación que ao resto de grupos da corporación, coñecendo a oposición algúns asuntos a través da prensa.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes no realizará preguntas orais no vindeiro pleno como método de protesta diante dos contastes atrancos que o goberno local está a provocar á actividade da oposición, esperando que con esta actuación o PP recapacite e cambie esta mala praxe escurantistas. Cabe lembrar tamén que a meirande parte das preguntas que formulamos no Pleno non son contestadas polo goberno municipal, senón que son utilizadas como arma electoralista para criticar a anteriores gobernos. Asemade abraia observar algunha das respostas as preguntas escritas, onde lonxe de contestar ao asunto preguntado, utilízanse para atacar e incluso faltar o respecto a quen formula a pregunta.

César Santiso, indicou que “está claro que si o goberno municipal non deixa de poñer trabas á labor da oposición, é porque non confía na súa acción de goberno e porque algo ten que agachar”.

Santiso puxo como exemplo a última xunta de goberno local que rematou ás 11:30 h., posteriormente o PP realizou unha rolda de prensa pero non puxo a disposición da oposición a documentación a fotocopiar até as 14:30 h. cando o departamento de Actas pechas ás 15:00 h. e hai unha soa fotocopiadora para os tres grupos da oposición.

Relacionados