Busto de Díaz Baliño

 

Unha cidade como a nosa e unha figura como a do pintor, muralista, escenógrafo  e ilustrador Camilo Díaz Baliño non se merecen que se deixe morrer nunha carpeta, nun expediente, o que require dunha acción pronta e sinxela: a reposición sen máis dilacións do busto, encargando unha réplica do mesmo.

 

A  figura histórica deste galeguista, membro das Irmandades da Fala e militante do Partido Galeguista, asasiñado en agosto do 36 pola violencia fascista, persoa nada na nosa cidade,  é  merecente do recoñecemento da nosa cidade.

 

O noso Grupo Municipal entende que é de xustiza acometer  xa a resolución deste tema inxustamente aparcado no quefacer da concellería de cultura. Pasou tempo dabondo e é hora de resolver xa esta cuestión. Así llo reclamamos ao Goberno Municipal.

Relacionados