Campaña Goberno dimisión!

Esquerda Unida presenta hoxe a campaña esixindo a dimisión dun goberno iléxitimo que, lonxe de cumplir o seu programa electoral de cara paliar a situación económica e social da cidadanía, nos ten inmersos na recesión e na depresión.

“Este goberno non ten solución pero da crise pódese saír” afirma o deputado Xabier Ron. As políticas neoliberais do goberno do PP condénannos á miseria, os poderes económicos decidiron que o noso país se empobreza que non produza e que compita baixando salarios. Dende este goberno non hai vontade por garantir tan sequera os dereitos básicos da cidadanía, vulneran dereitos como a vivenda, desmantelan os nosos servizos públicos, rescatan aos bancos, destrúen o emprego, fomentan a diáspora, asumen a corrupción como mal menor.

“Esquerda Unida esixe que se consulte ao pobo para que decida se quere continuar no camiño da destrución ou mudar o rumbo destas políticas”, sentencia Carlos Portomeñe, membro do consello político nacional de Esquerda Unida. Hai alternativas a un goberno fraudulento que nin propón solucións nin quere que saiamos da crise. Precisamos dar prioridade ao investimento público, debemos rexeitar o pago da deuda ilexítima, nacionalizar as entidades bancarias insolventes e transformalas nun sistema de Banca Pública ao servizo da cidadanía. É imprescindible a aplicación dunha reforma fiscal xusta, progresiva, solidaria e redistributiva, combater a fraude fiscal e a economía mergullada, garantir unha Renda Básica Universal.

Por todo isto, e por que si hai alternativa só fai falla vontade política para mudar as cousas, entre todas e entre todos podemos contruír un país mellor onde a cidadanía sexa o centro da política, onde se goberne para a xente e non para os mercados.

 

Relacionados