Candidatura de Orozco

Para EU- Lugo, a intención de presentarse a reelección como Alcalde por parte do Señor Orozco, despois de 16 anos repletos de imputacións no Goberno Municipal e do desmantelamento dos servizos públicos mediante concesións a empresas tamén imputadas por diferentes delitos, supón un novo bochorno para unha cidade farta xa dos escándalos protagonizados polo actual rexedor.

Neste contexto, o feito de que Orozco pretenda perpetuarse durante 20 anos ao fronte do Consistorio, confirma que o Alcalde pon, como sempre, os seus intereses persoais por diante do servizo á cidadanía e a resolución dos importantes problemas da cidade, moitos deles creados pola súa nefasta xestión.

O feito de que Orozco logre impoñer a súa candidatura, pon ademais de manifesto unha absoluta falla de autoridade e responsabilidade do Presidente do PsdG, asi como o estado de absoluta descomposicíon do seu partido

Diante desta esperpéntica situación, a Esquerda Unida Lugo só lle queda recomendarlle ao Señor Alcalde, que sitúe de número dous da lista o señor Liñares, a súa antiga man dereita, e complete a lista entre os numerosos imputados que o Grupo Socialista ten no Concello, para ter unha candidatura acorde coa súa figura.

Relacionados