Carlos Sánchez Mato, María Cadaval, Albino Prada, Manuel Lago e Eva Solla imparten en Vigo o coloquio: “Reformular o Estado: Por un novo reparto da financiación”

Esquerda Unida organiza o vindeiro xoves 15 de febreiro, a partir das 19:30 horas no Auditorio do Areal (Rúa Oporto,1) de Vigo, o coloquio que leva por título “Reformular o Estado: Por un novo reparto da financiación”.

Este acto contará coa presencia de Carlos Sánchez Mato, economista, concelleiro de Ahora Madrid e Responsable de Políticas Económicas de IU; María Cadaval, economista e profesora da USC, Albino Prada, economista e profesor da UVIGO, Manuel Lago, Economista e deputado de En Marea e Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida.

Podes sumarte ao evento de Facebook dende este link

Relacionados