Catro estudantes de Audiovisuais retratan a Camilo, último guerrilleiro vivo

Alba Sánchez, Juan Pirola, Miguel García e Pedro Iglesias. Estes son os catro estudantes de Audiovisuais da UDC que presentaron onte en A Coruña, concretamente no Instituto Eusebio da Guarda, o documental “Camilo de Dios, o último guerrilleiro vivo”, despois de proxectalo a semana pasada en Xinzo da Limia.

“Camilo de Dios, o último guerrilleiro vivo” é un documental interactivo que pretende contar, a través de Camilo de Dios, a historia de miles de homes e mulleres que deron a súa vida pola construción dun mundo movido por outros valores. En palabras dos seus creadores, “manter viva a memoria é a mellor das homenaxes, polo que hoxe, un ano e medio despois dos primeiros pasos do proxecto, compartimos convosco o trailer do documental”, que se pode ver esta semana de baleiro dende a páxina web.

A través da súa historia, pretendemos recuperar a memoria histórica da guerrilla antifranquista: loitador da memoria e historia viva, Camilo é a única testemuña que pode dar voz a tantas e tantos que, coma el, arriscárono todo pola xustiza e a liberdade”, sinalan os estudantes.

Relacionados