Censo de inmobles municipais

EU considera que 2014 será especialmente dificil para as familias con problemas económicos coas subidas de prezo da luz, auga e cesta básica da compra e considera que sería bo coñecer cantos locais ou vivendas de titularidade municipal existen xa que dende fai moitos anos non se realiza un censo real das mesmas

O coordinador local de EU, Rubén Pérez, considera que o concello ten igualmente que inventariar e pedir a cesión das vivendas de profesores existentes en moitos centros educativos da cidade “en absoluto abandono” para darlles un uso social.

Para EU de Vigo situacións como as que está vivindo Analía Melón e a súa familia poñen en evidencia que a administración local viguesa, cos sucesivos colores políticos, artellou unha estratexia de “abandono de políticas de intervención pública en materia de vivenda” e lembra que existen empresas municipais de vivenda en moitos concellos que xestionan parque de vivenda propio, resultado de cesións, embargos a constructoras, etc… e parte do cal incorporase a un fondo social para familias sen recursos.

Vigo sique tendo case o 18% das vivendas desocupadas e EU considera que dentro desa gran bolsa seguro “levamos unha sorpresa do número de vivendas de titularidade local por procesos de asimilacións de vivendas sociais, de antigas empresas públicas ou do antigo ministerio de vivenda dos anos 70-80”.

EU fai extensible este censo a locais de titularidade municipal froito de convenios urbanísticos con construtoras, xa que “eventualmente” pódense adaptar para vivenda social como fan moitos concellos europeos e lamenta o absoluto obscurantismo sobre o patrimonio inmobiliario público da cidade.

Relacionados