Chamamento en Pontedeume

Nese espazo público, as mulleres e homes de EU van falar, explicar e axitar a prol dunha REBELIÓN DEMOCRÁTICA do pobo. Esquerda Unida instalará unha mesa para repartir o chamamento federal a unha rebelión democrática, diante do atropelo continuado dos nosos dereitos e a estafa político-electoral dun goberno que aplica un programa que non presentou nas eleccións de novembro.

Afortalando ao grupo de traballo da vila, a organización comarcal de  Esquerda Unida vai desenvolver unha xornada de explicación e denuncia dos mecanismos que pretextando pagar a débeda privada de banqueiros e construtores, afogan os nosos servizos públicos e os dereitos da nosa cidadanía social.

O chamamento á rebeldía democrática se produce nun intre de particular gravidade, cando o Goberno negocia de costas á cidadanía un novo paquete de medidas que recortarán aos nosos afablidos dereitos.

Xosé María Dobarro pídelle á veciñanza progresista de Pontedeume que participe e constrúa co seu empoderamento unha alternativa quen de derrotar a banqueiros e defraudadores, que semella son as persoas para quen gobernan Rajoy e Feijóo.

Esquerda Unida continúa deste xeito a secuencia comarcal  de accións públicas de denuncia das medidas impostas no RD-Lei 20/2012 e na esixencia de que se convoque un referendo que dé conta das políticas a desenvolver para saír da situación de recesión e crise social ao que nos avocan as políticas de dereitas e os chamados rescates, apenas outra cousa que un secuestro dos nosos dereitos para que banqueiros e defraudadores se vaian de balde dun desastre feito e disfrutado somentes por eles.

 

Relacionados