Cínico discurso de Investidura de Feijóo, cando a realidade é ben diferente

Esta mañá estivemos a presenciar un cínico Debate de Investidura de Feijóo, cando a realidade basease nun rural abandonado, unha educación e sanidade vapuleadas e moitas persoas a vivir na exclusión social, tal e como vimos denunciando dende Esquerda Unida.

“Temos hoxe case 100 mil persoas menos traballando que en 2009, o cal significa que no caso de cumprirse as previsións deste Plan de Emprego que acaba de anunciar o candidato Feijóo, estariamos para o ano 2020 coa mesma taxa de emprego que no ano 2009. Tres lexislaturas completas para nada. Para volver ao punto de partida cando colleu a responsabilidade de goberno Núñez Feijóo. Ese é o percorrido de tres lexislaturas por quen se presenta xa por terceira vez?”, sinalou Villares, portavoz de En Marea.

!Notamos un esgotamento completo de discurso, unha repetición de promesas incumpridas do ano 2012 pero se cabe cunha menor ansia de goberno. Botamos en falta unha ollada a unha Galicia real que vive e sobrevive con moitos problemas. Botamos en falta a alusión ás 720 mil persoas en risco de exclusión social”, dixo.

Máis en: En Marea

Relacionados