Coa plataforma afectados pola hepatite C

A responsable de Sanidade e deputada de AGE Eva Solla, xunto co deputado e membro da dirección nacional de Esquerda Unida, Xabier Ron, reuníronse esta mañá cunha delegación de representantes da Plataforma de afectad@s pola Hepatite C que fixeron chegar novamente as demandas do colectivo destacando que a Consellería de Sanidade segue sen exercer as súas competencias en materia sanitaria.

No vindeiro Pleno do Parlamento de Galicia, que se celebrará o mércores 11, Alternativa Galega de Esquerda defenderá precisamente unha iniciativa trasladada pola Plataforma que solicita o acceso ás novas terapias para todas aquelas persoas ás que lle sexan prescitas polo persoal médico especialista.

Dende Esquerda Unida denúnciase que tanto o Ministerio de Sanidade como a Xunta de Galicia están a facer prevalecer criterios economicistas fronte aos dereitos das persoas enfermas. Criterios que derivan da colaboración do Goberno coa especulación farmacéutica e que evitan o acceso a unhas terapias que poderían estar salvando milleiros de vidas.

Esquerda Unida segue defendendo que os dereitos fundamentais das persoas deben estar por enriba de calquer criterio ecomicista e que as privatizacións e recortes en materia sanitaria continúan provocando dor, sufrimento e mesmo mortes no conxunto do Estado.

 

Por todo dende Esquerda Unida manifestamos que, a defensa da investigación e producción farmacéutica públicas faise imprescindible nun momento no que ademáis a presión e manexo dos Gobernos por parte dos grandes lobbies pode verse reforzada de aprobarse o Tratado de Libre Comercio e Ivestimentos da UE con EEUU, Estado onde precisamente ten a súa orixe Gilead, farmacéutica productora do sofosbuvir.

Relacionados