Colapso no CHUAC

Esquerda Unida esixe unha inmediata solución aos constantes colapsos nas urxencias do CHUAC que repercuten negativamente na saúde e calidade de vida dos coruñeses. Mediante a implantación dunha política sanitaria que aborde de xeito transversal o problema en diferentes frontes de actuación, comezando pola atención primaria que debe de dotarse dos medios necesarios para resolver os problemas de saúde propio do seu ámbito evitando a súa chegada aos hospitais. Asemade de promover a hospitalización en domicilio para evitar ingresos innecesarios ou estancias prolongadas que reducen os recursos a disposición dos pacientes que máis o necesitan.

O grupo municipal de Esquerda Unida – O Verdes presenta unha pregunta no parlamento galego a través de AGE en relación ao actual colapso nas urxencias do CHUAC, froito do recortes do PP en sanidade. Unha situación que se repite ao longo do ano e non a incrementos puntuais estacionarios debido a patoloxías respiratorias como afirma a Xunta.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indico que “os reiterados colapsos nas urxencias do CHUAC non se resolven coa mera ampliación das instalacións como falazmente suxire Feijoo, senón incrementando medios humanos e materiais, xusto o contraio que fai o PP pechando quirófanos e plantas no verán ou privatizando servizos.

Relacionados