eu.gif - 5.78 Kb

Comedor escolar

 

É absolutamente fundamental que a cidadanía non se resigne aos recortes en dereitos sociais e laborais que estamos a soportar e que esixa que se manteñan e melloren os que hoxe temos. A opinión pública e as persoas directamente afectadas saben que o noso Grupo Municipal fixera a proposta de incluir tanto nos orzamentos municipais como  nas obras a facer polo plan E, a rehabilitación do hotel-balneario da Praia Compostela -de propiedade municipal- para convertelo nun comedor escolar amplio e cos persoal suficiente para atender toda a demanda das familias traballadoras. Pero nos atopamos sin resposta, tanto polo goberno local como naturalmente pola Xunta do PP, que neste caso tivo tamén a coartada da inoperancia absoluta ante esta reivindicación por parte dese goberno do  P”SO”E e do BNG. A austeridade e os recortes son sempre para a xente traballadora; non hai cartos para as necesidades sociais totalmente xustificadas e que de resolverse favorablemente converterían en realidade o dereito formal de conciliar a a vida laboral e familiar. Pero os nosos cartos vánse a outros gastos que só benefician á banca, gran patronal, constructras, empresas da enerxía que nos asoballan, suledos e prebendas de politiqueiros que cobran ben por resolver…as necesidades dos anteriores. En maio teno claro:  Juan Fajardo debe ter todo o apoio necesario para converterse en  Alcalde por EU e teremos un Concello ao servizo do pobo.

 

Relacionados